CREATIVA
CREATIVA
Baixo o título de CREATIVA, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura e Turismo e a Direccâo Regional de Cultura do Norte do Ministerio de Cultura portugués levan adiante de forma conxunta un programa cultural interdisciplinar xa comezado a finais de 2009 e que ten a súa continuidade ao longo de 2010.
Co financiamento a cargo dos fondos FEDER da UE, e pertencente ao Programa Europeo de Cooperación Transfonteiriza España-Portugal, o proxecto avanzará nos vindeiros meses na súa efectividade integradora e de creación de sinerxías de traballo común entre as poboacións asentadas a ambas beiras do Miño, cumprindo deste xeito cos obxectivos fundamentais que presiden todo o plan de traballo de Creativa: a necesidade do intercambio e cooperación transnacionais e a consideración da cultura como factor básico de desenvolvemento territorial e económico.