Culturgal 2010 integra dentro da súa programación varias actividades do programa CREATIVA. A iniciativa, organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais en colaboración coa Direcçao Regional de Cultura do Norte, forma parte dun proxecto europeo para a dinamización e comunicación entre as industrias culturais das dúas beiras do Miño e estará presente no máis importante evento da cultura galega cun encontro profesional das industrias culturais, unha mostra divulgativa da historia da música en Galicia e varias actuacións de diversas disciplinas.

Deste xeito, en Pontevedra, do 26 ao 28 de novembro, profesionais dos distintos sectores e disciplinas da cultura en Galicia e Portugal participan en foros de exposición e debate sobre as industrias culturais en tempos de crise, incidindo nos retos, recursos e modelos de éxito nos eidos do audiovisual, a música, as artes escénicas e a edición. Exemplos de paradigmas de intervención cultural, de intercambio artístico e de feiras multidisciplinares de éxito tentan ofrecer un marco de futuro profesional capaz de competir na actual conxuntura social e económica.

Pola súa banda, a exposición Soporte Sonoro amosa por vez primeira a evolución da gravación sonora en Galicia ao longo do século pasado ata a chegada do cd como soporte, particularizando o discurso visual e narrativo nos aparatos reprodutores e nos soportes empregados, mostrados desde a particularidade evolutiva da música galega gravada no século XX.

Actuacións de diversas disciplinas que dan conta da excelente saúde da creación cultural das dúas beiras do Miño, con propostas exitosas galegas e portuguesas compartindo escenario; mostras e obradoiros de distintos ámbitos temáticos e microfestivais dirixidos ao público en formación dan corpo ao amplo programa que Creativa desenvolve en 2010.

A Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura e Turismo e a Direccão Regional de Cultura do Norte do Ministerio de Cultura portugués levan adiante de forma conxunta o programa cultural interdisciplinar CREATIVA dende finais de 2009. Co financiamento a cargo dos fondos FEDER da UE, e pertencente ao Programa Europeo de Cooperación Transfonteiriza España-Portugal (POCTEP), o proxecto afonda na necesidade do intercambio e cooperación transnacionais e a consideración da cultura como factor básico de desenvolvemento territorial e económico.

Programa Creativa 2010 Foro Creativa 2010

Concertos Música na recámara Concerto Creativa Música na recámara

Exposición Soporte sonoro Exposición Soporte sonoro

Que buscas

País

Provincia

Localidade

Ámbito

<<  Novembro  2017    >>

L
M
Mi
J
V
S
D
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
© 2009 Creativa Cultural - Todos los derechos reservados  |  Acceso privado