Blog

 A carteleira de concertos presenta a Amália Hoje no Cine Salesianos, Kiko Aguado & Celia Mur na Sala Contrasbajo e Aquaparque e BFlecha en La Fábrica de Chocolate

Imprimir creativa - 17-Decembro-2009 - 17:21:53 

A carteleira de concertos presenta a Amália Hoje no Cine Salesianos, Kiko Aguado & Celia Mur na Sala Contrabajo e Aquaparque e BFlecha en La Fábrica de Chocolate 

O PROGRAMA CREATIVA CLAUSURA MAÑÁ EN VIGO OS SEUS FOROS DE DEBATE CUNHA XORNADA DEDICADA ÁS ARTES GRÁFICAS

Conclúe tamén o foro sobre as artes escénicas cunha mesa redonda sobre o exercicio da profesión actoral en Galicia e un espectáculo infantil a cargo de Galitoon


Vigo, 17
de decembro de 2009.- O Foro CREATIVA da industria cultural, que organizan en Vigo a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a Direccão Regional de Cultura do Norte do Ministerio de Cultura de Portugal, clausura mañá as súas sesións de debate cunha xornada dedicada ás artes gráficas que terá lugar no Centro Social Caixanova. Mañá celebrarase tamén a últimas das mesas redondas sobre artes escénicas inseridas neste programa transfronteirizo e interdisciplinar, así como catro novas citas escénicas e musicais cos concertos de Amália Hoje no Cine Salesianos, Kiko Aguado & Celia Mur na Sala Contrabajo e Aquaparque e BFlecha en La Fábrica de Chocolate, e a representación do espectáculo infantil Rosalía, a pulga que escribía, de Galitoon, na sede da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) en Bouzas.


Baixo o título “Produto Gráfico: retos para o século XXI”, especialistas galegos e portugueses debaterán sobre o futuro do sector dende diferentes perspectivas profesionais arredor de catro mesas, que se desenvolverán ao longo de toda a mañá. Así, a primeira delas centrarase no ámbito do libro para analizar a situación das editoriais fronte as novas tecnoloxías da man de Manuel Casal, xerente de Grial Libros, e de Juan A. Penas Lamas, xerente do Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego.


Estes relatorios darán paso ás intervencións de Jaime Conde, director xeral de Quattro IDCP Publicidad, e Paulo Ribeiro Cardoso, consultor de comunicación, nunha mesa centrada nas empresas de comunicación como ferramentas para o posicionamento empresarial na eurorrexión Sur de Galicia-Norte de Portugal. Pola súa banda, Carlos Docampo, xerente de Gráficas Anduriña, e Nuno Miguel Carvalho Araújo, socio-xerente da firma portuguesa Gil Vicente Artes Gráficas, analizarán a relevancia do factor deseño nas empresas de impresión, tralo que se celebrará un último debate aberto a todos os participantes.

Acceso libre

O Foro Produto Gráfico é de acceso libre ata completar o aforo, do mesmo xeito que o dedicado ás artes escénicas, que se desenvolve na sede da ESAD e que tamén conclúe mañá cun debate sobre o exercicio actoral en Galicia no marco do primeiro convenio colectivo co que se dotou a profesión o pasado ano. A mesa, que dará comezo ás 18.00 horas, contará coa participación como relatores do actor Xavier Estévez e do presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Vicente Montoto, e estará moderada polo profesor Manuel F. Vieites.


A continuación, o auditorio da ESAD acollerá a representación do espectáculo de monicreques Rosalía, a pulga que escribía, da compañía Galitoon. Pensado para un público infantil de entre 3 e 7 anos, o espectáculo cóntanos a historia da pulga que lle dá título e de Bruno, o canguro-carteiro que se encarga de entregar as cartas que a pequena Rosalía escribe cada día, así como de lérllelas aos seus destinatarios. Andrea Mayer é a autora desta obra, que dirixe xunto a Santiago Alonso e Luis Miguel Rodríguez, mentres que Raquel Queizás e Óscar Ferreira son os encargados de dar vida aos diferentes monecos.

Primeiro concerto en España de Amália Hoje

Canto á carteleira musical, o programa CREATIVA ofrece mañá o primeiro concerto en España de Amália Hoje, que presentará a súa potente revisión dos fados de Amália Rodrígues no Cine Salesianos a partir das 21.00 horas. Unha das bandas revelación deste ano en Portugal, Amália Hoje son Sónia Tavares, Fernando Ribeiro, Paulo Praça e Nuno Gonçalves, todos eles compoñentes doutras destacadas bandas portuguesas, que sobre o escenario se acompañan dunha orquestra e dun coro de voces.


Tamén mañá ás 21.00 horas, o guitarrista Kiko Aguado e a cantante granadina Celia Mur ofrecerán un recital na Sala Contrabajo, mentres que en La Fábrica de Chocolate actuarán a partir das 22.30 horas o grupo portugués Aquaparque e a dj afincada en Vigo Bflecha.


Financiado a través dos fondos FEDER da Unión Europea, o Foro CREATIVA ten como obxectivo afondar no intercambio e na cooperación cultural entre Galicia e o Norte de Portugal a través da organización dun total de 16 mesas redondas arredor de catro foros sectoriais (artes escénicas, música, audiovisual e produto gráfico), nas que están a participar 80 especialistas de ambos lados da fronteira. As sesións de debate compleméntanse cunha carteleira artística que ofrece dende a pasada semana un total de 13 espectáculos protagonizados por artistas galegos e portugueses.


Que buscas

País

Provincia

Localidade

Ámbito

<<  Xullo  2018    >>

L
M
Mi
J
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
© 2009 Creativa Cultural - Todos los derechos reservados  |  Acceso privado