Blog

 O programa paralelo de funcións presenta na ESAD nos próximos días os espectáculos de Peripécio Teatro, Núcleo de Expirementação Coreográfica e Galitoon

Imprimir creativa - 14-Decembro-2009 - 17:50:56 

O programa paralelo de funcións presenta na ESAD nos próximos días os espectáculos de Peripécia Teatro, Núcleo de Experimentação Coreográfica e Galitoon



O FORO CREATIVA DE ARTES ESCÉNICAS PRINCIPIA MAÑÁ EN VIGO COA PARTICIPACIÓN DE 13 EXPERTOS
GALEGOS E PORTUGUESES


Profesionais do teatro e a danza abordarán até o 18 de decembro asuntos coma os repertorios e a creación de públicos, as novas tendencias escénicas, as linguaxes da danza ou as condicións de traballo actoral



Vigo, 14 de decembro de 2009.- O Foro Creativa de Artes Escénicas desenvolverase a partir de mañá e até o próximo 18 de decembro na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo coa participación de 13 relatores galegos e portugueses, todos eles expertos en distintos ámbitos profesionais do teatro e a danza. O de Artes Escénicas é o primeiro dos catro foros de debate e intercambio que comprende o programa CREATIVA, xa que ao longo dos vindeiros días iniciaranse outros tres encontros similares dedicados á industria musical, á produción gráfica e á audiovisual.


Con financiamento a cargo dos fondos FEDER da Unión Europea e organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo e e a Direccão Regional de Cultura do Norte do Ministerio de Cultura de Portugal, CREATIVA ofrece 12 días de actividade continuada en torno á industria cultural galega e portuguesa, a través de 16 mesas de debate, relatorios e reunións profesionais. Presenta, ademais, unha carteleira artística a cargo de 13 espectáculos escénicos e musicais protagonizados por artistas galegos e portugueses en 10 espazos de Vigo e a súa área de influencia.

 

Mesa aberta ao público


O Foro Creativa de Artes Escénicas, organizado de xeito aberto a todos os profesionais e público xeral interesado, está coordinado polo director da ESAD, Manuel F. Vieites. Dá comezo mañá martes día 15 cunha mesa redonda sobre os repertorios e a creación de públicos, na que participarán como relatores Ánxeles Cuña, directora de Sarabela Teatro; Pedro Fresneda, director de Teatro Ensalle; e Rui Araújo, coordinador do teatro luso de Vila Real. Fará a función de moderador Roberto Pascual.

 

O mércores 16 debaterase sobre novas tendencias escénicas en Galicia, coa intervención de Ana Vallés, directora de Matarile Teatro; Xesús Ron, fundador do grupo Chévere e da Sala Nasa; e Carlos Neira, director de Nut Teatro. Nesta ocasión moderará Afonso Becerra.

As linguaxes da danza será o asunto que se abordará o xoves 17, mediante unha ampla mesa á que se sentarán -baixo a moderación de Ricardo Solveira- Cristina Cameselle, xestora cultural de DANESGA (Asociación Profesional de Danza Escénica Galega); Ruth Balbís, coreógrafa e bailarina de Pisando Ovos e presidenta de DANESGA; Joclécio Azevedo, director do portugués Núcleo de Experimentaçao Coreográfica; Vicente Colomer, codirector de Nova Galega de Danza; e Estefanía Vázquez, produtora e distribuidora de danza.


Manuel F. Vieites moderará a última mesa de debate, na que participarán o actor Xavier Estévez e Vicente Montoto, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Versará sobre o exercicio actoral en Galicia no marco do primeiro convenio colectivo co que se dotou a profesión a pasado ano.


As catro sesións desenvolveranse a partir das 18.00 horas na sede que comparten o IES Audiovisual e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) en Bouzas.

 

Funcións de teatro e danza


Os 13 espectáculos escénicos e musicais do Foro CREATIVA corren a cargo de 18 compañías e grupos galegos e portugueses de moi diferentes estilos. Todas as representacións de teatro e danza son de acceso libre ata completar o aforo, mentres que as entradas para os concertos poden adquirirse nas billeteiras dos diferentes espazos.


O calendario de funcións asociado ao Foro de Artes Escénicas comezou os pasados 9, 10 e 11 con Nut Teatro e o espectáculo Wake Up, Borja Fernández e Uxía P. Vaello con Play e O Retrete de Dorian Gray con Rúa Aire. Os próximos días poderase ver a produción Vicent, Van e Gogh, de Peripécia Teatro (día 16); Uma peça encomendada, do Núcleo de Experimentação Coreográfica (día 17); e Rosalía, a pulga que escribía de Galitoon (día 18). Todas estas representacións darán comezo ás 20.00 horas na sede do IES Audioviusal/ESAD de Galicia.


Vicent, Van e Gogh é unha peza para público maior de 12 anos na que os tres personaxes do título ocupan un espazo con pinceis, teas, chapeus e cabaletes. A través da relación e o xogo cos obxectos emerxen figuras e situacións que marcaron a vida e a pintura do célebre pintor Van Gogh. A compañía portuguesa conta con dirección de José Carlos Garcia e con Sérgio Agostinho, Noelia Domínguez e Ángel Fragua na interpretación.


Uma peça encomendada é un solo dirixido e protagonizado por Joclécio Azevedo, coreógrafo de orixe brasileira que actualmente desenvolve o seu traballo en Porto. O espectáculo está confeccionado a partir de achegas do público mediante a manipulación de obxectos diversos, uso de poses maquiavélicas, sons irrecoñecibles, referencias a personaxes de films e libros ou á exploración de conceptos coma o medo, o desexo ou a verdade.


Na montaxe infantil Rosalía, a pulga que escribía, Galitoon amosa unha boneca pulga que lle escribe cartas ao canguro Bruno nunha tenra relación de amizade. Andrea Bayer asina esta produción, que ela mesma codirixe xunto a Santiago Alonso e Luis Miguel Rodríguez, e que incorpora a Raquel Queizás e Óscar Ferreira no elenco.

 


Concertos


A programación musical de CREATIVA, deseñada como complemento ao Foro da Industria Musical que se desenvolve o mércores 16 de decembro nas instalacións da Illa de San Simón, inclúe os concertos de The Blows (día 16, ás 22.30 h, en La Iguana Club), Roi Casal e Anxo Lorenzo (día 16, ás 22.30 h, no auditorio do Centro Cultural Caixanova), Old Jerusalem e Niño y Pistola (día 17, ás 22.30 h, na Sala Mondo Club), Amália Hoje (día 18, ás 21.00 h, no Cine Salesianos), Kiko Aguado & Celia Mur (día 18, ás 21.00 h, na Sala Contrabajo), Aquaparque e unha sesión dj a cargo de Bflecha (en La Fábrica de Chocolate, o día 18 a partir das 22.30 h), e o espectáculo musical Creativa Arte Sonora no que participarán Carlos Suárez, Xe e o Colectivo Soopa (día 19, ás 20.00 h, no MARCO).


Que buscas

País

Provincia

Localidade

Ámbito

<<  Novembro  2018    >>

L
M
Mi
J
V
S
D
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 
 
 
© 2009 Creativa Cultural - Todos los derechos reservados  |  Acceso privado