Noticias
Blog
O PROGRAMA CREATIVA PROMOVE O INTERCAMBIO CON PORTUGAL E BRASIL DURANTE A CELEBRACIÓN DO CULTURGAL
A Agadic patrocina o Feira das Industrias Culturais que se desenvolve dende hoxe e ata o vindeiro domingo 28 en Pontevedra
Santiago, 26 de novembro de 2010.- A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) patrocina o Culturgal 2010, que se celebra en Pontevedra dende hoxe e ata o vindeiro domingo día 28, promovendo a presenza de profesionais e artistas brasileiros e portugueses no marco dunha feira aberta tanto á sociedade galega como ao resto do mundo, na procura dunha maior internacionalización da nosa cultura.
En primeiro lugar, o apoio da Agadic materialízase a través de CREATIVA, programa para a dinamización e intercambio entre as industrias culturais da eurorrexión Sur de Galicia-Norte de Portugal, que a entidade da Consellería de Cultura desenvolve xunto coa portuguesa Direcção Regional de Cultura do Norte. No marco desta iniciativa europea, o Culturgal acollerá nas mañás do venres e sábado o Foro CREATIVA que, baixo o título xenérico As industrias culturais en tempos de crise. Retos, recursos e modelos de éxito, ofrecerá catro encontros sectoriais (audiovisual, edición, artes escénicas e música) e dous transversais (Oficinas de intercambio artístico entre Brasil e Galicia e Feiras multidisciplinares de éxito).
Entre as actividades concretas promovidas pola Agadic, figuran así mesmo 10 obradoiros de animación, videoxogos, danza e maxia, entre outras temáticas, unha exposición sobre a evolución da gravación sonora en Galicia, tres microfestivais dirixidos especificamente a públicos en formación e os dous concertos CREATIVA de encontro entre as músicas galega, portuguesa e brasileira.
Concertos Galicia.Br.Pt
Ás 21.00 horas de hoxe dará comezo unha noite galego-brasileira que ofrecerá as actuacións de Érika Machado e Kiko Klaus, dous dos artistas revelación de Minas Gerias e representantes dos novos rumbos emprendidos pola música brasileira actual, e o espectáculo Ordem e progresso, a través do que o humorista Carlos Blanco propón unha ollada galega cara ao país americano co acompañamento musical do Sergio Tannus Trío.
O segundo concerto CREATIVA terá lugar na noite de mañá e estará protagonizado polo grupo portugués Deolinda, que incorpora o humor e moito ritmo á súa particular revisión do fado, e o gaiteiro galego Xosé Manuel Budiño, quen tocará os temas de Volta, o seu novo traballo discográfico.

© 2009 Creativa Cultural - Todos los derechos reservados | Acceso privado