Blog

 O PROGRAMA EUROPEO CREATIVA APOIA A CELEBRACIÓN DA EXPOSICIÓN FILATÉLICA IBEREX 2010 DO 29 DE OUTUBRO AO 6 DE NOVEMBRO EN VIGO

Imprimir creativa - 28-Outubro-2010 - 09:38:08 

Continúan as actividades de dinamización cultural do proxecto transfronteirizo que a Agadic desenvolve xunto coa Direccão Regional de Cultura do Norte de Portugal

Santiago, 28 de outubro de 2010.- Vigo acolle dende mañá e ata o vindeiro 6 de novembro a Iberex 2010, Exposición Filatélica Galicia-Norte de Portugal, baixo o patrocinio do programa europeo CREATIVA que promoven conxuntamente a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo e a portuguesa Direccão Regional de Cultura do Norte. O Grupo Filatélico de Vigo organiza a décimo sexta edición desta mostra de carácter competitivo, arredor da que se desenvolverá un programa complementario que inclúe conferencias divulgativas, unha feira comercias e a emisión do selo e cuño conmemorativos, entre outras actividades.

A  Federación Galega de Sociedades Filatélicas (Fegasofi) e a União de Colectividades Filatélicas do Norte de Portugal (Ufinor) colaboran no desenvolvemento deste evento tranfronteirizo e itinerante que se vén desenvolvendo de xeito alternativo en diferentes cidades de Galicia e do Norte de Portugal. Este ano, o Centro Sociocomunitario do Calvario será a sede da exposición, clasificatoria para Campionato de España de Filatelia (Exfilna).

Coleccionistas de ambas beiras do Miño, así como representantes doutros puntos da Península, amosarán en Vigo relevantes exemplos das distintas clases de Filatelia (tradicional, historia postal, temática, enteiros postais, aerofilatelia, maximofilia, xuvenil, literatura e prensa). O xurado avaliador –integrado por tres filatelistas galegos e dous portugueses, todos eles de recoñecido prestixio no seu ámbito– será o encargado de outorgar as cualificacións cara á clasificación para a Exfilna, así como os premios desta Iberex 2010.

Iniciativa interdisciplinar
Con financiamento a cargo de fondos FEDER da Unión Europea, o programa CREATIVA desenvólvese desde decembro de 2009 e durante todo o 2010 a través de distintas propostas culturais e multidisciplinares que buscan avanzar na creación de sinerxías de traballo común entre as poboacións asentadas a ambas beiras do Miño.

Vigo será así mesmo a sede doutras dúas actividades apoiadas a través do programa CREATIVA no seu último trimestre de vixencia: o encontro de artistas emerxentes “Seisporseis”, que se desenvolve dende onte e ata o mes de decembro, ou a xornada de traballo Co-Creation: participación colaborativa e intercambio de experiencias nas industrias culturais, que terá lugar no Colexio de Arquitectos o 16 de novembro e na que participarán representantes da Agadic e da lusa Addict (Agência para o Desenvolvimento das Indústrias Criativas).     

A Agadic patrocinará tamén a través CREATIVA os distintos foros profesionais que se levarán a cabo dentro de Culturgal, a feira galega das industrias culturais que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra do 26 ao 28 de novembro.

Está prevista, a maiores, a organización dun foro-taller de edición, en colaboración coa Asociación Galega de Deseñadores (Dag), que será novamente en Pontevedra os días 2, 3 e 4 decembro, cando se desenvolverán os relatorios, e os días 16, 17 e 18 do mesmo mes, nos que se impartirá un obradoiro de tipografía.

Que buscas

País

Provincia

Localidade

Ámbito

<<  Septembro  2017    >>

L
M
Mi
J
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 
 
© 2009 Creativa Cultural - Todos los derechos reservados  |  Acceso privado