Blog

 A AGADIC APOIA MEDIANTE O PROGRAMA "CREATIVA" A PARTICIPACIÓN DE ARTISTAS E PROXECTOS LUSOS NA MOSTRA DE TEATRO DE RIBADAVIA

Imprimir creativa - 12-Xullo-2010 - 16:27:20 

Continúan as accións de dinamización da industria cultural de Galicia e Norte de Portugal mediante unha achega de 20.000 euros ao emblemático certame 

A iniciativa permitirá a exhibición dos traballos dos colectivos PIA e Circolando, así como dous encontros con João Pedro Vaz, responsable do proxecto Comédias do Minho 

Santiago, 12 de xullo de 2010.- A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) achega mediante o programa europeo CREATIVA un total de 20.000 euros destinados a incentivar a presenza de creadores, intérpretes e proxectos portugueses na Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, que se celebrará do 16 ao 24 de xullo. A entidade da Consellería de Cultura e Turismo continúa, deste xeito, as accións de dinamización da industria cultural de Galicia e Norte de Portugal co patrocinio da participación das compañías de rúa e novo circo lusas PIA (Projectos de Intervençao Artística) e Circolando, así como do creador e dinamizador cultural João Pedro Vaz en varias actividades do emblemático certame ourensán. 

Así, a programación da que será a vixésimo sexta edición da MIT contará coa representación do espectáculo titulado Humanum Fatum, produción do colectivo de teatro de rúa PIA, na noite do sábado 17 ao domingo 18 (1:00 horas) na Praza Maior de Ribadavia e dentro da sección Espazo Ruadavia. Pola súa banda, a compañía de novo circo Circolando ofrecerá un obradoiro de teatro de obxectos na alameda de Ribadavia o domingo 18 de 10:00 a 14:00 horas, o mesmo emprazamento no que á 1:00 da madrugada levará a cabo a representación da súa montaxe Paisagens em Transito. 

A presenza portuguesa completarase cunha visión sobre o teatro amador transfronteirizo a través de dous encontros con João Pedro Vaz, responsable de Comédias do Minho (proxecto teatral conxunto que se está a levar a cabo nas localidades de Monçao, Melgaço, Paredes de Coura, Vila Nova da Cerveira e Valença) así como da iniciativa Buxiganga, que desenvolve a Deputación de Lugo. O primeiro encontro terá lugar o sábado 17 ás 12:00 e o segundo o venres 23 ás 12:30 horas do mediodía, ambos os dous no Club Artístico de Ribadavia. 

A través de CREATIVA, a Agadic e a Direccão Regional de Cultura do Norte (do Ministèrio de Cultura de Portugal), levan adiante un programa cultural interdisciplinar iniciado en decembro de 2009 con catro foros de debate e intercambio (sobre artes escénicas, audiovisual, música e produto gráfico) celebrados en Vigo. Co financiamento a cargo de fondes FEDER da Unión Europea, o proxecto avanzou no presente ano na súa efectividade integradora e de creación de sinerxías de traballo común entre as poboacións asentadas a ambas beiras do Miño con intervencións no Festival Play-Doc de Tui, no Festival de Cans (O Porriño), no concerto multimedia Cores do Atlántico que se celebrou na illa de San Simón o 14 de maio ou no recente I Foro Clown Galicia-Portugal que tivo lugar no Concello da Estrada o pasado día 9. 


Que buscas

País

Provincia

Localidade

Ámbito

<<  Septembro  2018    >>

L
M
Mi
J
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 
 
© 2009 Creativa Cultural - Todos los derechos reservados  |  Acceso privado